O CEIP de Samos celebra a súa Festa de Nadal cunha xornada aberta ás familias

SarriaXa
O centro escolar programa merenda compartida, teatro e panxoliñas interpretadas polo alumnado
Apalpadora-CEIP-Samos
18 Dec 2025

Este venres 19 de decembro, o CEIP de Samos acollerá a súa tradicional Festa de Nadal cunha xornada pensada para compartir coa comunidade educativa e coas familias, nun ambiente festivo no que o protagonismo recaerá no alumnado.

A programación arrancará ás 11:00 horas cunha merenda en compañía das familias, un primeiro momento de encontro e convivencia antes de dar paso ás actividades centrais da mañá.

Entre as 12:00 e as 13:00 horas desenvolverase unha obra de teatro, que forma parte das propostas preparadas polo centro para esta celebración nadalicia.

A xornada completarase entre as 13:00 e as 13:30 horas coa interpretación de panxoliñas a cargo dos nenos e nenas, pechando así unha mañá marcada pola música, a participación do alumnado e a implicación das familias na vida escolar.

⚙ Configurar cookies
0.083594083786011