O CEIP de Triacastela acolleu a visita da escritora Mirella López, que presentou o seu libro

SarriaXa
O CEIP de Triacastela acolleu a visita da escritora Mirella López, que presentou o seu libro 'Breicar en el Camino de Santiago'
Mirella López en Triacastela
23 May 2023

Mirella López presentou o seu libro ‘Breicar en el Camino de Santiago’ no CEIP de Triacastela, concello no que está ambientada a súa obra, unha experiencia que tildou de "marabillosa, porque os nenos puxéronmo sinxelo, son un ceo".

Durante a xornada, primeiro Mirella López falou de que ía o libro, en que se inspirou e logo leulles a parte do Camiño Francés, que vai do Cebreiro ata Triacastela, "porque lles ían soar cousas", explica a escritora. Despois, os nenos fixéronlle preguntas sobre o libro e as personaxes que aparecen nel, así como preguntas persoais a Mirella. "A súa curiosidade é inesgotable e iso é xenial porque é a maneira de aprender", sostivo a escritora.

Por outra parte, Mirella López sostén que o alumnado de Triacastela "é moi creativo, xa que facer resumos dos contos que len por medio de debuxos fomenta moito máis a creatividade e desenvolve tanto a parte artística como a intelectual", argumenta. "Ata me fixeron e regalado uns debuxos, que gardarei como un tesouro", di emocionada.

A escritora quixo agradecer a todos os nenos e mestres do cole a súa atención, pero en especial ao mestre Alejandro González pola "súa amabilidade, o seu agarimo e o doado que pós as cousas, así como o gran labor que está a levar a cabo neste colexio, potenciando e dando o valor que se merecen os coles do rural".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11168003082275