O CEIP de Triacastela celebra o Samaín cun completo programa de actividades

O CEIP de Triacastela celebra esta semana a festividade do Samaín cun amplo programa de actividades dirixido ao alumnado.
As propostas comezarán o luns 27 de outubro cun obradoiro de disfraces de arañas terroríficas, no que os nenos e nenas poderán dar renda solta á súa creatividade.
O martes 28 terá lugar a visita da Furgoteca, mentres que o mércores 29 se realizará unha representación da Santa Compaña, acompañada de farois e disfraces libres.
Para poñer o broche final, o xoves 30 celebrarase a chegada das “arañas” ao CEIP de Samos, nunha xornada conxunta para festexar o Magosto e o Samaín.