O CEIP do Páramo conmemora o 25N a través da historia e a literatura
SarriaXa
O CEIP Plurilingüe do Páramo tamén quixo poñer o seu gran de area na loita contra a violencia de xénero.
26 Nov 2023
O CEIP Plurilingüe do Páramo tamén quixo poñer o seu gran de area na loita contra a violencia de xénero. Con motivo do Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, levaron a cabo unha serie de actividades para expresar o seu apoio contra a erradicación desta data.
Entre as propostas, crearon un mural rememorando ás irmás Mirabal, coñecidas como 'as bolboretas', xa que a data do 25 de novembro foi proposta pola ONU para recordar o seu asasinato.
A literatura tamén estivo presente nesta data, xa que mestra Ángela contoulles aos escolares o conto Pepuka y el monstruo que le borró la sonrisa, unha obra de referencia para traballar dende a infancia. Tamén fixeron unhas pulseiras que intercambiaron entre os compañeiros e compañeiras.