O CEIP do Páramo organiza unha nova xornada da súa Escola de Pais

O CEIP do Páramo organiza unha nova xornada da súa Escola de Pais, centrada na crianza consciente desde a perspectiva da disciplina positiva.
A actividade, que se levará a cabo o xoves 3 de abril, de 15.30 a 17.30 horas, contará coa intervención de Natalia Somoza, experta en disciplina positiva.
Durante a xornada, os asistentes poderán coñecer a historia e os principios fundamentais desta disciplina, que promove unha educación baseada na amabilidade e na firmeza, e descubrirán ferramentas prácticas para aplicar estes principios na súa vida diaria.
O obxectivo é ofrecer aos pais e nais estratexias para fomentar un ambiente de respeto e comprensión nas súas relacións coas súas fillas e fillos, fortalecendo os vínculos familiares a través dunha educación consciente e positiva.
A actividade está aberta a todas as familias da comunidade educativa do centro e buscará dotar aos participantes de recursos que lles axuden a xestionar con éxito os retos diarios da crianza.