O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela inaugura un espazo de robótica e construción
O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela conta desde agora cun novo espazo dedicado á robótica e á construción, deseñado para fomentar a creatividade e as habilidades técnicas do alumnado. Este proxecto enmárcase dentro da iniciativa Polos Creativos, impulsada pola Consellería de Educación.
Neste novo espazo, os nenos e nenas traballarán con diversos materiais e ferramentas proporcionados pola consellería, explorando conceptos relacionados coa tecnoloxía, a enxeñaría e o deseño.
Ao longo dos próximos meses, o centro compartirá nas súas redes sociais as creacións e avances do alumnado, mostrando a súa destreza e imaxinación. Con esta iniciativa, o CEIP Eduardo Cela Vila aposta por unha educación innovadora que combina a aprendizaxe práctica coa creatividade.