O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela organiza unha charla en liña sobre educación emocional para familias

SarriaXa
A sesión, impartida por Pilar Porral, terá lugar este mércores 15 de outubro ás 18.30 horas e conta co apoio da Xunta de Galicia
Eduardo-Cela-Vila-Triacastela
15 Oct 2025

O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela promove esta tarde de mércores, 15 de outubro, unha charla dirixida ás familias centrada na educación emocional, que será impartida pola especialista Pilar Porral.

A actividade desenvolverase en formato en liña a partir das 18.30 horas, co obxectivo de ofrecer ferramentas e orientación ás nais e pais para acompañar o desenvolvemento emocional dos seus fillos e fillas.

Esta iniciativa está subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e financiada a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Desde o centro educativo destacan a importancia de promover espazos de formación para as familias, que lles permitan adquirir recursos para fomentar unha educación máis consciente, respectuosa e baseada na empatía.

⚙ Configurar cookies
0.073786973953247