O CEIP Eduardo Cela Vila presenta o seu programa de actividades para o Nadal

O CEIP Eduardo Cela Vila deu a coñecer a programación especial do Nadal 2025, que inclúe varias semanas de actividades destinadas a promover a creatividade, a convivencia e o espírito festivo entre o alumnado.
A comunidade educativa comezará as celebracións entre os días 1 e 5 de decembro, período no que se decorará o colexio e se impartirán sesións do Club de Lectura do Oribio e un obradoiro artístico de temática navideña.
Durante a semana do 9 ao 12 proseguirán os mesmos obradoiros e as sesións de lectura, ademais dos ensaios das cantigas de Nadal e da obra de teatro que o alumnado representará ante as familias. A programación continuará entre o 15 e o 19 de decembro, semana na que está prevista unha excursión ao cine conxuntamente co CEIP de Samos, ademais dunha visita á oficina de Correos para enviar os agasallos preparados polos nenos e nenas. Tamén se manterán as actividades do Club de Lectura do Oribio.
As celebracións culminarán o venres 19 coa tradicional festa de Nadal coas familias. A partir das 12:00 horas terá lugar a representación teatral, acompañada da posta en escena das cantigas preparadas polo alumnado e dunha merenda especial de Nadal que pechará a xornada festiva.