O CEIP Frei Luis de Granada foi mellorado a través dunhas obras da Xunta

SarriaXa
Estas intervencións permitiron a ampliación das aulas de Educación Infantil e da zona cuberta do patio, entre outras melloras
CEIP-Frei-Luis-de-Granada-Sarria-Xunta
20 Feb 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o CEIP Frei Luis de Granada, en Sarria, para comprobar o resultado das últimas obras realizadas no centro. Estas intervencións permitiron a ampliación das aulas de Educación Infantil e da zona cuberta do patio, entre outras melloras.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destinou un total de 51.700 euros a estas actuacións co obxectivo de "proporcionar maior comodidade aos nenos e nenas na clase e favorecer o uso do patio incluso nos días de chuvia", segundo sinalou Arias. Ademais, realizáronse pequenas reformas na zona de administración do centro.

O delegado lembrou que o Goberno galego también acometeu a rehabilitación integral do colexio para reforzar a súa estrutura e mellorar a súa eficiencia enerxética. En total, investíronse máis de 1,6 millóns de euros na renovación das instalacións, conseguindo un aforro enerxético do 15% dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Consellería.

Arias destacou o éxito deste plan, que se iniciou en 2021 co obxectivo de adaptar os centros educativos ás novas necesidades do ensino público. Este programa contempla a execución de preto de 200 intervencións no período 2025-2028, cun orzamento inicial de máis de 210 millóns de euros.

0.15338706970215