O CEIP Ricardo Gasset do Incio celebra as súas xornadas de portas abertas

SarriaXa
As xornadas de portas abertas son unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man todo o que o CEIP Ricardo Gasset do Incio ofrece
ceip-ricardo-gasset-o-incio
17 Feb 2025

O CEIP Ricardo Gasset do Incio organiza as súas xornadas de portas abertas para todas aquelas familias que queiran achegarse ao centro e coñecer os servizos e actividades que ofrece, desde hoxe, 17 de febreiro, e ata o 28 de febreiro.

O centro ten un horario de visita de 10.05 a 16.30 horas, permitindo que os interesados poidan descubrir as instalacións e falar co profesorado. Para facilitar a participación, tamén dispoñen dun servizo de madrugadores de 08.00 a 10.00 horas.

Ademais, o CEIP conta con servizo de comedor e transporte, e ofrece actividades extraescolares de 16.30 a 18.30 horas, como inglés, patinaxe, fútbol, baile e natación.

O centro tamén destaca por súa participación en programas como Edixgal, Bibliotecas Escolares de Galicia, Voz Natura e Xogade, que enriquecen a experiencia educativa do alumnado.

As xornadas de portas abertas son unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man todo o que o CEIP Ricardo Gasset do Incio ofrece á súa comunidade educativa.

0.14121413230896