O CEIP Ricardo Gasset do Incio conta con novo material informático e didáctico
O CEIP Ricardo Gasset do Incio adquiriu novo material informático e didáctico para unha mellor experiencia educativa nos rapaces do Concello.
Ademais, tamén obtivo novo mobiliario que mellorará a aprendizaxe e a axudará a formar novos lugares lúdicos que ao mesmo tempo sirvan para aprender.
Este novo mobiliario permite ter a disposición dos nenos diferentes contos e materiais educativos dunha maneira sinxela. O fácil acceso a ditos materiais posibilita aos máis pequenos gañar autonomía e independecia, promovendo a realización de tareas de maneira individual.
O ambiente promove a independencia do neno e a exploración e o proceso de aprendizaxe. A liberdade e a autodisciplina fan posible que cada neno encontro actividades que dan resposta as súas necesidades evolutivas.