O CEIP Ricardo Gasset do Incio será escenario dunha nova actividade da man da Furgoteca

O CEIP Ricardo Gasset do Incio acolle unha nova actividade o vindeiro 22 de novembro da man da Furgoteca.
Así, o servizo de bibliotecas móviles de Galicia estará en horario de 11.20 a 12.30 horas no colexio do Incio para celebrar un acto no marco do mes da ciencia en galego.
Os nenos e nenas do Incio terán a oportunidade de realizar experimentos científicos co ‘Libro de experimentos abracadabrantes de Hugo Comas’.