O Ceip Samos acolleu a presentación do libro 'Pedro o piloto de gaivotas' e unha videochamada a Senegal

SarriaXa
O Ceip Samos acolleu a visita do alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela, cos que fixeron unha videochamada con Senegal para falar cos voluntarios de Hospitaleros Sin Fronteras.
Pedro o piloto de gaivotas Samos
31 Xan 2024

O Ceip Samos acolleu a visita do alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela, cos que fixeron unha videochamada con Senegal para falar cos voluntarios de Hospitaleros Sin Fronteras.

Inma foi a súa particular "corresponsal" en Senegal e explicoulles como era o día a día dos nenos que viven alí, a realidade destes nenos. Así, felicitáronlle por todo o que están a facer desde a ONG sarriá.

Despois recibiron a visita de Paula Buján López coa súa Furgoteca e acompañada de Manuel e Aida, autor e ilustradora do conto de 'Pedro o piloto de gaivotas'.

Desde o Ceip Samos din que "foi un auténtico pracer que viñeran presentar o seu libro ao noso cole, porque temos o privilexio de ter como alumno ao protagonista do libro".

0.17413210868835