O Ceip Samos organizou unha excursión a Lugo grazas ao programa 'Coñece a túa provincia'

SarriaXa
O Ceip Samos organizou unha excursión a Lugo grazas ao programa 'Coñece a túa provincia', unha iniciativa da Deputación de Lugo
O Ceip Samos na TIC
27 Abr 2023

Os nenos e nenas do CEIP Samos fixeron unha excursión a Lugo grazas ao programa 'Coñece a túa provincia' da Deputación de Lugo.

Visitaron o Museo Provincial de Lugo, a Catedral de Lugo e a sala de exposicións Porta Miñá, pero antes comezaron na Productora de Servizos Audiovisuais (TIC) da Deputación de Lugo.

Alí, os nenos e nenas familiarizáronse cos medios audiovisuais, dando o tempo meteorolóxico e facendo unha montaxe para simular que estaban ao carón de Karim Benzema, Cristiano Ronaldo, Simba e Patricio.

Despois foron ao Museo Provincial e percorreron a Muralla, coñecendo a súa historia, para rematar a mañá comendo no restaurante Balbina. Xa pola tarde visitaron a sala de exposicións Porta Miñá e remataron o día xogando no Parque de Rosalía.

Durante todo o camiño, contaron cunha guía que ía contando algunhas curiosidades e sucesos históricos dos sitios polos que pasaban.

0.13316988945007