O centro de saúde de Sarria realizará analíticas de sangue catro días da semana

SarriaXa
El centro de salud de Sarria realizará analíticas de sangre cuatro días a la semana lunes, miércoles, jueves y viernes.
carpa centro saúde Sarria
20 Xan 2022

A partir de mañá, o centro de saúde de Sarria poderá realizar analíticas de sangre os venres. Na actualidade, os días para a extracción da sangue eran os luns, mércores e xoves.

Varios veciños da comarca contan con cita para mañá 21 de xaneiro. Malia que non se sabe se esta medida será permanente, prolongarase durante varios meses.

A extracción de sangue os venres é unha realidade grazas a moción presentada por Camiña Sarria e Galicia Sempre trala iniciativa do edil Benjamín Escontrela que é médico de profesión. O pleno no que se presentou obtivo apoio por parte de tódolos grupos da corporación municipal.

O Concello de Sarria conta con 13.000 habitantes e realizar as analíticas tan só durante tres días facía que fose insuficiente, polo que se solicitou a ampliación aos cinco días da semana obtendo como resultado a ampliación nun. Nesta mesma moción instábase ao Sergas a colocar algún tipo de protección na entrada do centro de saúde. Na actualidade o goberno municipal colocou unha carpa que axuda a que os pacientes esperen baixo a mesma e non á intemperie, supoñendo así un gasto de 834 euros ao mes dende o mes de febreiro no que se colocou. Esta segunda petición aínda non obtivo resposta.

0.19638109207153