O centro de saúde de Triacastela restablece o servizo médico

SarriaXa
O Concello de Triacastela informa que se restablece o servizo médico tal e como se viña prestando, con atención médica e citas presenciais.
Obras triacastela
13 Jul 2021

Dende o Concello de Triacastela informan que se restablece o servizo médico tal e como se viña prestando, con atención médica e citas presenciais de luns a venres, sen a necesidade de desprazarse a outros lugares.

Así mesmo, os doentes poden pedir as súas citas como viña sendo habitual.

Esta situación vén dada despois de que a corporación municipal de Triacastela aprobara por unanimidade nun pleno extraordinario unha moción do equipo de Goberno para que o Sergas restaurara o servizo médico tal e como se viña prestando e sume un reforzo de enfermería cun ATS.

Así mesmo, a esto engadiuse que o Goberno de España convoque unha proba de acceso MIR de forma extraordinaria que permita cubrir as baixas dos médicos nos centros de saúde, nomeadamente no de Triacastela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17346096038818