O Centro Deportivo e de Saúde de Sarria amplía o seu horario
SarriaXa
Debido ao aumento do número de usuarios e á crecente demanda de cursos e actividades, o Centro Deportivo e de Saúde de Sarria vén de ampliar o seu horario para abrir unha hora antes, ás 16.
28 sep 2023
Debido ao aumento do número de usuarios e á crecente demanda de cursos e actividades, o Centro Deportivo e de Saúde de Sarria vén de ampliar o seu horario para abrir unha hora antes, ás 16.00 horas, de luns a venres.
Así, a partir do día 2 de outubro o novo horario de apertura será de luns a venres de 7.30 a 12.30 horas e de 16.00 a 22.00 horas, mentres que os sábados será de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.00 horas; e os domingos de 9.00 a 14.00 horas.
O Concello de Sarria segue animando ás persoas interesadas a participar destas actividades que se ofrecen para toda a veciñanza.