O Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López do Concello de Paradela xa ten gañadores

SarriaXa
O Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López do Concello de Paradela xa ten gañadores, que foron anunciados
Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López Paradela
25 Maio 2023

O Concello de Paradela acolleu a celebración do fallo da XXVIII edición do Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López, promovido cada ano polo goberno local.

O xurado estivo formado polo alcalde, José Manuel Mato; o crego Xesús Mato, o xornalista Xulio Xiz, o director de Galicia Digital, José Antonio Giz e Ángel Fernández, fillo predilecto de Paradela.

Nesta edición do certame presentáronse 879 obras, das cales 379 corresponden á categoría de poesía e 466 a narrativa, das que 34 son da modalidade especial do Camiño de Santiago.

A obra de poesía ‘As palabras son cinzas por soprar, de María Soledad García Riveiro de Nigrán foi a obra gañadora elixida polo xurado. Mentres, o segundo posto foi para Xoán X. Piñeiro Cochón, de San Martiño de Salcedo, coa obra ‘Os trapecios terreais’.

Con respecto ás obras de narrativa, o primeiro premio foi para ‘Follas dun caderno de coiro marrón’, de Concepción Fernández López, da Coruña; e o segundo foi para Gabriel Estelrich Torrens, de Barcelona; coa obra ‘Vamos con todo, Johnny’.

Por último, outorgouse o premio de mención especial Camiño de Santiago a Patricia Torrado Queiruga, de Porto do Son, pola obra ‘Verba enxertada’.

0.14114212989807