O Certame Manuel-Orestes Rodríguez López de Paradela xa ten gañadores
O Concello de Paradela acolleu a celebración do fallo da XXIX edición do Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López, promovido cada ano polo goberno local.
Nesta edición do certame presentáronse 1147 obras, das cales 462 corresponden á categoría de poesía e 640 a narrativa, das que 45 son da modalidade especial do Camiño de Santiago.
A obra de poesía Cuando sobre un bloque de luz cabalga tu voz, de Luis Lexandel Pita foi a obra gañadora elixida polo xurado. Mentres, o segundo posto foi para Manuel López Rodríguez, coa obra Poema once chanzos.
Tamén se concederon dous accésits. O primeiro para El otoño se parece a Cohen, de Elena Beatriz Corujo Morales, e o segundo para As Xanelas fugaces, de José Manuel Brea Feijoo.
As dúas mencións de honra recaeron na obra Encerrar la oscuridad, de Manuel Jesús Sánchez-Alarcos Sáchez, e en Plan de acción curricular, de Yolanda López.
Con respecto ás obras de narrativa, o primeiro premio foi para Misterioso asesinato nos cines vellos do Norte, de Cristóbal Silva Poceiro. O segundo correspondeu a Lágrimas que no caerán, de Iván Zarco Pareja.
Ademais houbo dous accésits para A teoría da Choiva, de Raquel Álvarez Moreno, e para La lista de la vampira o unha cuestión de diez minutos, de Raúl R. Mondelo.
As dúas mencións de honra foron para El Comienzo, de Raúl Clavero Vázquez, e para Estrellas de la Madrugada, de Federico García Fernández.
Por último, outorgouse o premio de mención especial Camiño de Santiago a Jesús Curros Neira pola obra O Camiño esquecido. Tamén houbo dous accésits, para No Camiño, de Marisa López Diz, e Memorias de un camino, de José Nicanor Alonso Álvarez.
As dúas mencións de Honra recaeron na obra Noviembres peregrinos, de Ricardo Arjona Antolín e na obra Bajo el manto de las estrellas: Cantos del Camino de Santiago, de Clara González Martínez.
O xurado estivo formado pola alcaldesa, Montserrat Mulet Sar; o tenente de alcalde José Manuel Mato Díaz, o xornalista Xulio Xiz, o director de Galicia Digital, José Antonio Giz, e Ángel Fernández, fillo predilecto de Paradela.