O ciclo Mestre Mateo proxecta en Sarria o filme 'As Neves' de Sonia Méndez

A Sociedad La Unión de Sarria acollerá este sábado 13 de setembro ás sete da tarde a proxección da película As Neves, dirixida por Sonia Méndez, dentro do ciclo de cine dos Mestre Mateo.
O filme, que combina intriga e drama xuvenil, trasládase a unha pequena vila de montaña onde todos se coñecen e onde, durante a noite de Entroido, un grupo de adolescentes decide experimentar con cogomelos por primeira vez.
Ao día seguinte, un temporal de neve deixa a localidade incomunicada e sen conexión a internet, mentres se coñece a desaparición de Paula, unha das rapazas que participara na festa. A procura da moza desencadea unha investigación que marcará profundamente a vida dos protagonistas e a súa relación co mundo que os rodea.