O Circo de Pinocho chega a Sarria da man de Educateatro Producións

SarriaXa
O espectáculo terá lugar na Rúa Castelao, fronte ao pavillón, e contará con varias funcións ao longo da fin de semana
Circo-Pinocho
6 Mar 2025

Sarria prepárase para recibir un espectáculo único esta fin de semana coa chegada de O Circo de Pinocho, o primeiro circo galego e en galego.

Esta innovadora proposta de Educateatro Producións combina os números clásicos do circo co teatro musical, dando vida á historia do boneco de madeira máis famoso do mundo.

O espectáculo terá lugar na Rúa Castelao, fronte ao pavillón, e contará con varias funcións ao longo da fin de semana. O venres celebrarase a primeira función ás 18.30 horas. O sábado, o espectáculo comezará ás 17.00 horas, mentres que o domingo haberá dúas representacións, unha ás 12.00 e outra ás 17.00 horas.

O Circo de Pinocho promete ser unha experiencia inesquecible para todos os públicos, combinando a maxia do circo coa emoción do teatro musical.

⚙ Configurar cookies
0.70987796783447