O Circuito Amador 2021 aterra en Sarria durante o mes de novembro
SarriaXa
O Circuito Amador 2021 aterriza en Sarria da man de Rebuldeira Teatro. Durante o mes de novembro a Casa da Cultura acollerá diversas funcións.
4 Nov 2021
A Federación Galega de teatro Afeccionado, despois de conseguir o Premio da Cultura Galega 2021 en artes escénicas, achega a Sarria, a través de Rebuldeira Teatro, o circuíto Galego de Teatro Amador 2021.
Unha programación que consta de catro funcións teatrais a cargo de sedes de toda Galicia, desta forma estase a promover a mobilidade xeográfiga dos grupos dramaturgos.
Esta cita extenderase durante todo o mes de novembro na Casa da Cultura de Sarria. Dará comezo este sábado 6 as 19.30 horas coa función "Xacovedra" da man de Andaraina Teatro. A programación continuará as semanas seguintes con máis obras teatrais.