O Circuito Amador chega hoxe ao seu fin en Sarria

SarriaXa
O Circuito Amador remata hoxe coa obra 'Casting' de Hipócrita Teatro. A actuación dará comezo ás 19.30 horas.
circuito amador
20 Nov 2021

O Circuito de Teatro Galego Amador despídese de Sarria hoxe na Casa da Cultura de Sarria. A obra a cargo do grupo Hipócrita Teatro dará comezo ás 19.30 horas. A entrada é libre tomando todas as medidas de seguridade.

Hipócrita Teatro

Hipócrita Teatro naceu en Lugo, en novembro do ano 2004 formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizara o Concello de Lugo.

Dende entón traballa de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través das actividades teatrais que abranguen:

  • A creación e representación de espectáculos teatrais para todo tipo de públicos, de pequeno formato (Casting, Miseree, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que pensas? Fala!…)
  • A formación dos seus membros.
  • As accións de divulgación e comunicación das súas actividades a través de diferentes medios.
  • A colaboración con outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro.
  • A pertenencia á FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado).
circuito amador
0.15914511680603