O Club Baloncesto Sarria organiza o II Campus do Nadal

SarriaXa
O campus terá lugar do 26 ao 29 de decembro, días nos que os mozos e mozas apaixonados polo baloncesto terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades
Campus-Nadal-Sarria-CB-Sarria
7 Nov 2024

O Club Baloncesto Sarria organiza o II Campus do Nadal tras o éxito da primeira edición. Así, desde o Club din que lles enche “de entusiasmo o regreso do Campus do Nadal”.

Dito campus terá lugar do 26 ao 29 de decembro, días nos que os mozos e mozas apaixonados polo baloncesto terán a oportunidade de mellorar as súas habilidades, gozar do deporte que aman e compartir momentos inesquecibles nun ambiente de compañeirismo e diversión.

Este campus está deseñado para xogadores e xogadoras de todos os niveis nados entre 2007 e 2017, e que buscan potenciar o seu xogo baixo a batuta de adestradores cualificados e en instalacións de primeiro nivel. “Durante catro días, traballaremos aspectos técnicos, tácticos e físicos do baloncesto, adaptándonos ás características e necesidades dos participantes”, explican.

Ademais da mellora deportiva, o Campus do Nadal é “unha excelente oportunidade para facer novos amigos e vivir unha experiencia única nun ambiente propio do Nadal”, sosteñen.

0.11208605766296