O Club Baloncesto Sarria organiza unhas xornadas de portas abertas ata o xoves 12 de xuño

SarriaXa
O obxectivo é facilitar a incorporación de novos membros ás distintas categorías do equipo
Presentación-equipos-CB-Sarria
10 Jun 2025

O Club Baloncesto Sarria celebra esta semana unhas xornadas de portas abertas que se estenderán ata o vindeiro xoves, 12 de xuño, incluído.

A iniciativa ten lugar no pavillón novo de Chanto e está dirixida a todas aquelas persoas que desexen coñecer de preto o funcionamento do club.

Durante estas sesións, as persoas asistentes poderán achegarse aos adestradores, coñecer a técnica de traballo, a filosofía do Club Baloncesto Sarria e todo o que rodea á práctica deste deporte. O obxectivo é facilitar a incorporación de novos membros ás distintas categorías do equipo, ofrecéndolles unha visión completa da súa metodoloxía e valores.

As xornadas desenvólvense os luns, martes e xoves en horario de 16:00 a 19:30 horas para os nenos e nenas nados entre 2018 e 2014, e de 20:00 a 21:30 horas para os mozos e mozas nados entre 2013 e 2008.

⚙ Configurar cookies
0.11859011650085