O Club Clásicos de Sarria organiza o III Rally de Regularidad Vila de Sarria en maio
O Club Clásicos de Sarria organiza o III Rally de Regularidad Vila de Sarria, un ano máis, na primeira fin de semana de maio do vindeiro ano, 2025.
A entidade, que naceu hai seis anos, nunha entrevista a Sarriaxa, explicaba que esta iniciativa xurdiu por fomentar outra modalidade diferente á concentración e vehículos clásicos, que inclúe unha ruta turística, pero o Rally de Regularidad “consiste en cumprir unhas medias que establece a organización a través dun percorrido”.
Ademais, este ano celebrouse a segunda edición e fixérona coincidir con outros dous grandes eventos: a Feira de Antigüidades e a carreira Pretorian Extreme, o que supuxo un gran activo turístico para persoas de todos os lugares, que se achegaron a desfrutar dunha fin de semana inesquecible.