O Club Clásicos Sarria organiza a cuarta edición do Rally de Regularidade Vila de Sarria

SarriaXa
A cita automobilística celebrarase os días 8 e 9 de maio e reunirá vehículos clásicos no parque pechado situado no aparcadoiro do Campo do Río
Rally-de-Regularidad-Sarria-2026
5 Mar 2026

O Club Clásicos Sarria organiza un ano máis o Rally de Regularidade Vila de Sarria, que celebrará a súa cuarta edición os días 8 e 9 de maio. A cita volverá reunir na vila a afeccionados ao motor e propietarios de vehículos clásicos nun evento que cada ano atrae a numerosos seguidores deste tipo de automobilismo.

Como é habitual, o encontro comezará coa apertura do parque pechado no aparcadoiro do Campo do Río, lugar no que se reunirán os vehículos participantes. Neste mesmo espazo permanecerán expostos os coches durante as dúas xornadas, permitindo que o público xeral poida achegarse para contemplar de preto os distintos modelos que formarán parte do rally.

Aínda que o programa definitivo aínda non está completamente pechado, desde a organización avanzan que a edición deste ano incorporará varios cambios con respecto ás anteriores. Neste momento, o club continúa ultimando os detalles da programación co obxectivo de ofrecer aos amantes do motor unha fin de semana especial en Sarria.

O evento consolidouse nos últimos anos como unha das citas destacadas para os afeccionados aos vehículos clásicos, combinando a competición propia dun rally de regularidade coa posibilidade de gozar dunha exposición de automóbiles históricos.

0.11314916610718