O Club Clásicos Sarria organiza a quinta concentración de vehículos clásicos Vila de Sarria
SarriaXa
O evento terá lugar o 21 de setembro con exposición de coches, ruta turística, comida, agasallos e sorteos para os participantes

15 Aug 2025
O Club Clásicos Sarria anunciou a celebración da V Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, que se desenvolverá o 21 de setembro.
Durante esta xornada, os asistentes poderán disfrutar dunha exposición de vehículos clásicos, participar nunha ruta e visita turística, e compartir unha comida colectiva.
Ademais, o evento incluirá agasallos e sorteos para todos os participantes, consolidándose como unha cita destacada para os amantes dos coches históricos na comarca.