O Club de Lectura do Oribio retomou con entusiasmo o curso 2025

SarriaXa
Está é unha excelente iniciativa para promover a lectura crítica e a educación en valores no ámbito escolar
Club-lectura-oribio-2025
17 Jan 2025

O pasado venres, 10 de xaneiro, o alumnado e profesorado do CEIP Eduardo Cela Vila, en Triacastela, retomou con entusiasmo o Club de Lectura do Oribio.

Durante esta sesión, realizaron o préstamo de novos libros e adicaron un tempo á lectura da obra 'Vivan las uñas de colores'. Este libro serviu como punto de partida para reflexionar e traballar sobre a aceptación e a superación dos prexuízos sexistas.

Para complementar a experiencia e reforzar as ideas tratadas no libro, visualizaron a curtametraxe 'Por siempre jamás', que aborda a mesma temática e axuda a fomentar valores de igualdade e respecto entre o alumnado.

Unha excelente iniciativa para promover a lectura crítica e a educación en valores no ámbito escolar.

0.14594912528992