O Club de Lectura do Oribio reuniuse para avaliar o curso

SarriaXa
Os compoñentes expresaron cal foi a actividade que máis lles gustou e que conseguiron con ela
Club-Lectura-Oribio
5 Xuño 2024

O Club de Lectura do Oribio reuniuse por penúltima vez o pasado venres 24 e por última vez o pasado 31 de maio.

Nunha primeira parte da reunión do día 24 de maio, remataron coa construción dun sistema de movemento onde dous ferreiros traballan na bigornia, comezado no Obradoiro Artístico do anterior mércores.

Na segunda, fixeron un exercicio de recapitulación do vivido durante o tempo que leva o Club funcionando para, posteriormente, expresar cal foi a actividade que máis lles gustou e que conseguiron con ela.

0.16893911361694