O Club Rítmica Atalaia organiza unha xornada sobre igualdade no deporte

SarriaXa
A xornada, que se desenvolverá ás 20.00 horas na Casa da Cultura, consistirá nunha mesa redonda na que participarán distintas personalidades recoñecidas do deporte
Club-Atalaia-Concello-de-Sarria-xornada-igualdade
17 Dec 2024

O Club Rítmica Atalaia organiza, coa colaboración do Concello de Sarria e a Deputación de Lugo, unha xornada sobre igualdade no deporte o próximo 27 de decembro.

A xornada, que se desenvolverá ás 20.00 horas na Casa da Cultura, consistirá nunha mesa redonda na que participarán: Sofía Toro, campioa olímpica de vela, campioa do mundo e campioa de Europa; Cata Pollini, ex xogadora profesional de baloncesto, 252 veces internacional coa selección italiana e actual Team Manager de Ensino Lugo; Eneko Lambea, 6 veces campión de España de ximnasia rítmica; e Miriam Ríos, ex xogadora do Real Club Deportivo da Coruña, actual adestradora e árbitra de fútbol.

Ademais, a mesa estará moderada por Claudia López, xornalista deportiva e doutora en Ciencias do Deporte, Actividade Física e Actividade Física Saudable.

Esta actividade está dirixida a deportistas, adestradores, educadores e público en xeral; e a entrada será gratuíta.

0.12749099731445