O Club Seurri de Sarria comeza a súa tempada con resultados destacados

SarriaXa
Os arcos do club rexistran varios podios na primeira xornada de tiro na Rúa, Ourense
Club--Seurri-Sarria-2025
1 Nov 2025

O Club Seurri de Sarria iniciou a súa tempada de adestramentos e tamén a competición de liga, na que xa participou o pasado sábado na primeira xornada de tiro en A Rúa, Ourense, acadando resultados brillantes en varias categorías.

Na categoría Recurvo Alevín Muller, Vera López López proclamouse primeira cun total de 321 puntos. En Recurvo Sub 15 Muller, Jana Escudero Fernández logrou a cuarta posición con 263 puntos, mentres que en Recurvo Sub 18 Muller, Nerea Moure Arias quedou sétima cun total de 231 puntos.

Entre os Senior, Francisco Narganes Redondo conseguiu o cuarto posto en Recurvo Senior Home con 532 puntos, e na categoría Recurvo Senior Muller, Ángela Rincón Rodríguez proclamouse primeira con 531 puntos, mentres que Sandra López Fernández ocupou a sexta posición con 445 puntos.

No arco Tradicional Veterano Home, Jesús Franco Corujo acadou o terceiro posto con 516 puntos.

O club prepara agora a súa participación na segunda tirada da liga, que se celebrará este sábado en Meis, na que esperan manter o nivel e seguir sumando éxitos.

⚙ Configurar cookies
0.071099042892456