O Club Xirandela de Sarria arranca a tempada con grandes resultados en dúas competicións

SarriaXa
O Club Xirandela segue traballando con máis motivación que nunca, xa que, como destacaron, "isto non fixo máis que empezar"
Club-Xirandela-Torneo-Cidade-de-Lugo-2025
17 Mar 2025

O Club Xirandela de Sarria comezou a súa tempada de actuacións cun excelente rendemento no IV Torneo Cidade de Lugo, onde participaron varios dos seus equipos de nivel escolar.

Pola tarde, os equipos de nivel interescuelas desprazáronse a Burela para disputar a 1ª Fase Interescuelas, pechando unha xornada de gran éxito.

Desde o club sosteñen que este foi "un magnífico arranque de tempada para o club, que demostra a gran calidade dos seus equipos. Orgullosísimas das nosas xirandelas", comentaron desde a entidade, amosando a súa satisfacción cos resultados.

Así, durante o Torneo Cidade de Lugo, conseguiron catro oros no conxunto Prebenxamín, en Benxamín, en Alevín M e en Cadete; mentres que lograron unha prata no conxunto Alevín P e un diploma no conxunto Senior.

Pola súa parte, na 1ª Fase Interescuelas conseguiron un bronce no conxunto Iniciación e dous diplomas, un no conxunto Prebenxamín e outro no Infantil.

O Club Xirandela segue traballando con máis motivación que nunca, xa que, como destacaron, "isto non fixo máis que empezar".

⚙ Configurar cookies
0.11071991920471