O Club Xirandela de Sarria arrasa no XVII Torneo de Ximnasia Rítmica de Becerreá

O Club Ximnasia Rítmica Xirandela de Sarria foi un dos grandes protagonistas do XVII Torneo de Ximnasia Rítmica de Becerreá, organizado polo club local de ximnasia rítmica, tras conseguir resultados destacados en todas as categorías nas que participou.
O conxunto sarrián presentou un total de 10 equipos, que regresaron da competición con medalla en todas as súas participacións, consolidando así unha actuación moi completa nun torneo que reuniu numerosos clubs da provincia. Ademais, o club tamén acudiu coas súas ximnastas de escola, que estrearon a exhibición desta tempada.
Nos resultados de Nivel B, o conxunto prebenxamín M acadou o ouro, o prebenxamín P a prata e o infantil tamén se fixo coa primeira posición. No Nivel Escolar, o equipo sumou varios metais, entre eles o ouro no conxunto de iniciación, prebenxamín, alevín e sénior, ademais dun bronce en benxamín. No Nivel Promoción, o club logrou dous ouros máis nas categorías benxamín e infantil.
Desde o club destacaron a satisfacción polo traballo realizado polas súas ximnastas, subliñando o orgullo polos resultados acadados e pola evolución do grupo nesta fase da tempada.