O Club Xirandela de Sarria inicia a tempada con varios podios nunha competición en Ribadeo

O Club Xirandela de ximnasia rítmica de Sarria comezou a nova tempada cunha competición celebrada en Ribadeo, á que acudiu cos seus equipos de nivel escolar e nivel promoción, regresando con varios podios e boas sensacións tras o traballo realizado polas súas ximnastas.
No nivel promoción, o conxunto benxamín logrou a medalla de ouro, mentres que o conxunto infantil conseguiu a medalla de bronce e o conxunto xuvenil obtivo un diploma de participación.
Pola súa banda, no nivel escolar, o conxunto prebenxamín e o conxunto alevín acadaron a medalla de prata, mentres que o conxunto infantil fíxose coa medalla de bronce. Ademais, os conxuntos de iniciación, benxamín e sénior recibiron diplomas de participación.
Desde o club valoraron moi positivamente o inicio da tempada e o esforzo realizado por todas as ximnastas nesta primeira cita competitiva.