O club Xirandela de Sarria logra catro medallas en Santiago e clasifícase para a fase final interescolas

SarriaXa
O club Xirandela de Sarria continúa colleitando bos resultados.
club_xirandela
club_xirandela
22 Abr 2024

O club Xirandela de Sarria continúa colleitando bos resultados. Os catro equipos de nivel interescolas lograron en Santiago unha medalla e conseguiron clasificarse para a fase final interescolas que se celebrará en xuño en Ourense.

Deste xeito, as categorías Iniciación P e alevín lograron un bronce, a cadete fíxose cunha prata e as ximnastas da cateogoría Iniciación M lograron un ouro.

0.1646409034729