O Club Xirandela de ximnasia rítmica de Sarria desprazouse a Pontevedra para participar no Torneo Cidade do Lérez, onde o seu equipo de iniciación de nivel escolar logrou unha destacada 3ª posición.
Nesta competición, o club sarriano enfrontouse a diversos equipos de ximnasia rítmica de toda Galicia, demostrando un gran nivel de preparación e traballo en equipo.
Desde o Club Xirandela amósanse moi contentos co resultado e co esforzo de todas as ximnastas, que puxeron todo de súa parte nesta importante cita deportiva.
O club, que segue crecendo e colleitando éxitos, xa está a pensar na súa próxima competición, coa ilusión de continuar mellorando e seguir sumando logros no mundo da ximnasia rítmica.