O Club Xirandela destaca na 1ª Fase Provincial de ximnasia rítmica en Viveiro

O Club Xirandela de Sarria participou na 1ª Fase Provincial de Ximnasia Rítmica, onde volveu amosar o seu excelente nivel. O equipo desprazouse ata a localidade lucense con ilusión e moito traballo acumulado, e regresou á casa cunha gran colleita de medallas e, sobre todo, co orgullo de ver reflectido o esforzo de todas as súas ximnastas sobre o tapiz.
O conxunto Prebenxamín, o Alevín P e o Cadete acadaron subir ao máis alto do podio ao facerse coa medalla de ouro nas súas respectivas categorías. Pola súa parte, o conxunto Alevín M conseguiu unha merecida medalla de prata, mentres que os conxuntos Iniciación, Benxamín e Sénior lograron cadanseu bronce tras unhas actuacións moi destacadas.
Aínda que o conxunto Infantil non conseguiu medalla nesta ocasión, desde o club subliñan a súa entrega e valoran moi positivamente a súa participación, destacando o compromiso e a evolución constante do equipo.