O Club Xirandela estará presente no Campionato Nacional de ximnasia rítmica de novembro

SarriaXa
O equipo xuvenil de nivel base do Club Xirandela de Sarria conseguiu unha praza para o Campionato Nacional que terá lugar en Pamplona a finais de novembro deste ano.
Club Xirandela Sarria
10 Out 2023

O equipo xuvenil de nivel base do Club Xirandela de Sarria conseguiu unha praza para o Campionato Nacional que terá lugar en Pamplona a finais de novembro deste ano.

Este éxito foi logrado este sábado no Campionato Nacional Fase Autonómica, Campionato Galego Base Conxuntos, que tivo lugar no Complexo Deportivo dos Remedios de Ourense, no que as xirandelas desenvolveron un exercicio que os integrantes do xurado valoraron positivamente.

Desde o Club din estar "orgullosísimas" das deportistas xuvenís da ximnasia rítmica que poderán optar a ser consideradas como as mellores ximnastas de España no vindeiro Campionato Nacional.

0.17034792900085