O Club Xirandela organiza o XXIII Torneo Vila de Sarria de ximnasia rítmica

SarriaXa
Esta tarde, a partir das 16.
club_xirandela
1 Maio 2024

Esta tarde, a partir das 16.30 horas, o pavillón José Mario González acolle o XXIII Torneo Vila de Sarria de ximnasia Rítmica organizado polo Club Xirandela.

Na celebración deste evento deportivo, ademais, conmemoraranse os 25 anos de vida do club sarriao, coa colaboración do Concello e outros patrocinadores.

As persoas interesadas en desfrutar deste evento deportivo na vila de Sarria poderán acudir de maneira gratuíta a coñecer os talentos da ximnasia rítmica sarriá.

0.11815690994263