O Club Xirandela organiza unha masterclass con Almudena Cid en novembro
O Club Xirandela de ximnasia rítmica de Sarria organiza, con motivo da celebración dos seus 25 anos, unha masterclass da man de Almudena Cid, que gañou oito campionatos de España no concurso xeral da categoría de honra.
A ex-ximnasta olímpica da selección nacional española, tamén é actriz e escritora, aínda que destaca pola súa participación en catro xogos olímpicos consecutivos (Atlanta 1996, Sídney 2000, Atenas 2004 e Pekín 2008). Obtivo diploma olímpico nos dous últimos e é a única ximnasta rítmica que disputou catro finais olímpicas.
Desta maneira, as alumnas de ximnasia rítmica do Club Xirandela, así como outras persoas interesadas, poderán gozar dunha actividade que terá lugar o vindeiro 23 de novembro no pavillón Jose Mario González do Chanto.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda á xente que contacten co Club Xirandela a través do correo clubxirandela@gmail.com ou no teléfono 619 034 135.