O Club Xirandela organiza unha masterclass con Polina Berezina en Sarria

SarriaXa
A ximnasta olímpica, retirada recentemente tras doce anos no Equipo Nacional, impartirá unha sesión o 8 de novembro no pavillón O Chanto
Polina-Berezina
17 Oct 2025

O Club Xirandela de ximnasia rítmica de Sarria organiza unha masterclass no pavillón O Chanto o vindeiro sábado 8 de novembro coa participación de Polina Berezina, exximnasta olímpica da selección española, campioa de España en múltiples ocasións, medallista de bronce no Campionato do Mundo e na Copa do Mundo, e participante nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Polina Berezina puxo fin en setembro á súa carreira deportiva como integrante do Equipo Nacional de ximnasia rítmica, do que formou parte durante doce anos. A deportista incorporouse ao combinado nacional en 2013, representando por primeira vez a España na Gymnasiada celebrada en Brasilia.

As inscricións para esta actividade xa están abertas e estarán dispoñibles ata completar as 60 prazas ofertadas

⚙ Configurar cookies
0.070941925048828