O Club Xirandela participou do XXIX Torneo Concello de Xove con bos resultados

SarriaXa
Así, puxeron “un marabilloso broche final a esta temporada”, explican desde o club
Club-Xirandela-Sarria-Xove
Club-Xirandela-Sarria-Xove
3 Xuño 2024

O Club Xirandela participou no XXIX Torneo Concello de Xove, no que os equipos de nivel escolar e senior promoción puxeron “un marabilloso broche final a esta temporada”, explican desde o club.

Ademais, os equipos de nivel B e as infantís de promoción competiron por última vez antes dos seus campionatos autonómicos.

Con todo, os resultados mostran que o equipo alevín P escolar e o de iniciación P nivel B acadaron a medalla de ouro; mentres que o equipo de prebenxamín escolar, o infantil escolar, o cadete escolar, o prebenxamín nivel B e o senior promoción acadaron, cada un deles, unha medalla de prata. Finalmente, o equipo de iniciación escolar, o cadete nivel B e o infantil promoción conseguiron sendas medallas de bronce.

0.14627981185913