O Club Xirandela participou no Torneo de Ximnasia Rítmica Lucus Augusti

SarriaXa
Desde o club destacaron o esforzo e a evolución de todas as súas ximnastas, resumindo a súa experiencia cunha mensaxe clara: "Regresamos de novo orgullosísimas"
Club-Xirandela-Lugo
29 Apr 2025

O Club Xirandela participou no Torneo de Ximnasia Rítmica Lucus Augusti, onde competiu cos seus equipos de nivel B e parte dos seus conxuntos de nivel escolar.

En nivel B, o conxunto infantil proclamouse campión, conseguindo a medalla de ouro, mentres que o conxunto iniciación acadou un meritorio bronce. O conxunto prebenxamín, pola súa banda, non conseguiu medalla nesta ocasión.

Polo que respecta ao nivel escolar, tres equipos lograron subir ao máis alto do podio: conxunto iniciación, conxunto prebenxamín e conxunto cadete, todos eles medalla de ouro. Os equipos infantil e benxamín realizaron tamén unha boa actuación, aínda que non conseguiron medalla.

Desde o club destacaron o esforzo e a evolución de todas as súas ximnastas, resumindo a súa experiencia cunha mensaxe clara: "Regresamos de novo orgullosísimas do traballo de todas as nosas ximnastas".

⚙ Configurar cookies
0.1530179977417