O Club Xirandela roza o podio na Fase Final do VII Torneo Interescolas

SarriaXa
Desde o club amosan a súa gran satisfacción polo traballo realizado polas ximnastas ao longo desta tempada
Club-Xirandela-iniciación
23 Jun 2025

O equipo de iniciación do Club Xirandela acadou unha meritoria cuarta posición na Fase Final do 7º Torneo Interescolas, quedando a moi pouca distancia da medalla de bronce.

Desde o club amosan a súa gran satisfacción polo traballo realizado polas ximnastas ao longo desta tempada, que lles permitiu clasificarse para a final galega da competición.

“Sentímonos orgullosísimas delas e do esforzo que fixeron durante todo o ano”, destacan desde Xirandela, que celebra este resultado como un fito máis no crecemento do seu proxecto deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.14928197860718