O Clube de Pesca Río Neira de Láncara promove a pesca a mosca sen morte para preservar o río e as especies

SarriaXa
Neste caso, o pescador E.J.R.C., membro da entidade, capturou unha troita de 50 cm nas augas do río Neira e devolveuna
troita-50-cm-río-Neira-Láncara
26 Apr 2025

O Clube de Pesca Río Neira de Láncara segue apostando pola pesca a mosca sen morte como medida para protexer as especies autóctonas e conservar a calidade do río Neira.

Neste caso, o pescador E.J.R.C., membro da entidade, capturou unha troita de 50 cm nas augas do río, pero, fiel aos principios do club, decidiu devolvela ao seu hábitat natural.

Este xesto é unha clara mostra do cambio de mentalidade deste socio, que no pasado solía levar as troitas capturadas, sen devolvelas ao río. Sen embargo, E.J.R.C. agora considera que “é máis acertado devolvelas” á auga, a pesar de recoñecer que “leválas está dentro do que marca a lei”. Este cambio reflicte unha toma de conciencia sobre a importancia da sustentabilidade e a preservación dos recursos naturais.

Desde o Clube de Pesca Río Neira reafírmase o compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade, destacando que a tempada de pesca deste ano promete xornadas de gran interese, sempre co respecto pola fauna acuática e o ecosistema fluvial como prioridade.

⚙ Configurar cookies
0.13887405395508