O Clube de Pesca Río Neira despide a tempada de mosca cun social de éxito

SarriaXa
Os deportistas aproveitaron un Neira en espléndidas condicións e destacan as capturas máis destacadas
fin-tempada-de-pesca-a-mosca-Club-de-Pesca-Rio-Neira
30 Sep 2025

Este pasado fin de semana, o Clube de Pesca Río Neira celebrou o seu tradicional social de mosca, que serve como despedida da tempada de pesca. A chegada do outono favoreceu a actividade das troitas, e os participantes desfrutaron dun río Neira espectacular, con boas capturas e moi bo ambiente entre os deportistas.

A clasificación final do social deixou a Ali Pérez Trebolle como gañador, xunto co maior número de capturas, seguido de Tomás Pardo en segunda posición e Rafa Bellas en terceira. A peza maior foi para Jesús Rodríguez, que capturou unha troita de 41 cm.

Desde o Clube de Pesca Río Neira recordan que agora toca seguir coa organización de novas actividades, como a xornada de limpeza que se celebrará durante este mes de outubro, co obxectivo de manter o río o máis limpo posible e favorecer a conservación do ecosistema.

⚙ Configurar cookies
0.080621004104614