O Clube de Pesca Río Neira impulsa unha xornada de limpeza no río o 1 de marzo

SarriaXa
A iniciativa ambiental partirá ás 9:30 horas desde o Bar Avenida da Pobra de San Xiao e está aberta a toda a veciñanza
limpeza-río-Neira-Club-de-Pesca-Lancara
16 Feb 2026

O Club de Pesca Río Neira de Láncara promoverá o vindeiro 1 de marzo unha xornada de limpeza no río Neira co obxectivo de contribuír á conservación deste espazo natural e fomentar a implicación cidadá no seu coidado.

A convocatoria está fixada para as 9:30 horas, cun punto de encontro no Bar Avenida da Pobra de San Xiao, desde onde as persoas participantes se desprazarán ata a zona de actuación.

A entidade anima á veciñanza a sumarse a esta acción medioambiental, subliñando que o río “é de todos” e que cada bolsa de lixo retirada supón un paso máis para devolverlle vida ao Neira. A actividade pretende non só mellorar o estado do leito fluvial, senón tamén concienciar sobre a importancia de manter limpos os espazos naturais.

Desde o club explican que non é necesario ser socio para participar nesta iniciativa, xa que está aberta a calquera persoa que queira colaborar e compartir unha mañá diferente en compañía de familia e amizades, combinando compromiso ambiental e convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.088514804840088