O Clube de Pesca Río Neira promoveu unha xornada de limpeza do río Neira

O Clube de Pesca Río Neira levou a cabo a primeira xornada de limpeza do río Neira deste ano. A actividade consistiu en desbroces e a retirada de lixo, co obxectivo de mellorar o estado do río e contribuír á súa conservación.
Un ano máis, a presenza de plásticos de silo foi especialmente alarmante, mantendo uns niveis moi elevados de contaminación que afectan gravemente ao ecosistema fluvial. A pesar dos esforzos, os voluntarios seguirán traballando para eliminar esta problemática que pon en risco a biodiversidade da zona.
Así, os organizadores xa anunciaron que a próxima xornada de limpeza terá lugar o vindeiro 8 de marzo, á que invitan a todas as persoas que queiran sumarse a este proxecto de conservación e coidado do río a participar activamente.
O Clube de Pesca Río Neira pon en valor a importancia de manter limpos os ríos para garantir a supervivencia do peixe e favorecer a práctica da pesca a mosca e sen morte, que se destaca pola súa respectuosa interacción co medio ambiente.