O Cocido de Entroido de Goián celebrarase o 1 de marzo

SarriaXa
A xornada festiva combinará gastronomía e diversión, cun concurso de disfraces no que se premiará ao mellor atuendo
parroquia-de-Goián
21 Feb 2025

A parroquia de Goián, en Sarria, prepárase para celebrar o Cocido de Entroido 2025, un evento que terá lugar o sábado 1 de marzo ás 14:00 horas na Escola de Goián.

A xornada festiva combinará gastronomía e diversión, cun concurso de disfraces no que se premiará ao mellor atuendo.

O menú terá un prezo de 30 euros para adultos e 15 euros para menores de 10 anos. Ademais, para os nenos que non desexen cocido, ofrecerase unha alternativa de menú.

As inscricións estarán abertas ata o 27 de febreiro ás 14:00 horas e poderán realizarse a través do grupo de WhatsApp dos veciños ou nos teléfonos 618 249 003 (Jéssica), 684 095 979 (Kévin) e 650 036 380 (Jose).

Desde a Asociación de Veciños de Goián (AJUILAOUCA), organizadora do evento, lembran que se necesita un mínimo de 20 persoas para que a actividade poida realizarse.

0.099683046340942